jueves, 12 de febrero de 2015

Os rapaces de 1º e 2º ESO na TVG con Gayoso


Esta semana estivemos en Santiago para visitar as instalacións da Televisión de Galicia en San Marcos e o Museo de Historia Natural no Parque de Vista Alegre. 

Comezamos de mañá nos platós dos diferentes programas da televisión autonómica, para comprobar in situ que se esconde detrás das imaxes que chegan ás nosas casas a diario. Vimos alí diversos tipos de cámaras, montaxes de luces e son e tamén decorados  e aprendimos entre outras cousas o que era un croma, un telepronter ou un control de realización. O mundo da comunicación xa atractivo por si mesmo tornou a “espectacular” coa chegada de Xosé Ramón Gayoso, presentador do LUAR que se retratou a petición popular con todos nós.

O noso percorrido por Compostela continuou coa visita ao Museo de Historia Natural onde buscamos as respostas para un cuestionario realizado pola profesora de Ciencias Naturais sobre os diferentes ecosistemas e os fósiles alí expostos. Non faltou a visita á Catedral onde quixéramos ver rematado o Pórtico da Gloria. Quizais para a próxima.




No hay comentarios:

Publicar un comentario